COPE DE LA COSTA
A Xunta de Goberno Local do Concello de Foz na sua sesión ordinaria de 24 de Marzo de 2006 procedeu a conceder licencias para 717 vivendas sen contar co preceptivo informe xurídico de Secretaría . A Xunta de Goberno entre as 19:00h e as 20:28H do dia 24 resolveu 19 proxectos urbanisticos despois de que secretaria fixese constar na acta da sesión que os mesmos se ian resolver sen o preceptivo informe xúridico. Os proxectos correspéndense con solicitudes de licencia de vivendas asi como un proxecto para unha area comercial e un expediente de demolición dun inmóbel na zona da Islanova cuxo solar se vai adicar a Hotel. A estas licéncias que foron concedidas sen informe xurídico o dia 24 de Marzo debemos sumarlle outras 1343 concedidas o 29 de Marzo coa ausencia do mesmo informe.
A Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza no seu Art.195.2 afirma:” A competencia para otorgar as licencias correspondelle aos Concellos segundo o procedimento previsto na legislación de réximen local. Para o outorgamento da licencia solicitada serán preceptivos os informes técnicos e xurídicos sobre a sua conformidade coa legalidad urbanística”. Na mesma liña o Decreto 28/1999 de 21 de Xaneiro polo que se aproba o Regulamento de Dicisplina Urbanística establece no seu Art.12.2 que para outorgamento de licencias serán preceptivos os informes técnicos e xurídicos sobre a sua conformidade coa legalidade urbanística,emitidos polos servizos correspondentes da entidade outorgante. Asemade debemos reperar que a lexislación en materia de rexime local establece o mesmo que a propria lexislación urbanística que vimos de referir. Non queda dúbida algunha que o Concello de Foz prescindeu do procedimento legalmente establecido a hora de conceder as licencias.
Na opinión do BNG reviste tamén gravidade o feito de que 11 dos 19 proxectos non informados polos servizos xurídicos foron apresentados no rexistro do Concello entre o 22 e 23 de Marzo, a Xunta de Goberno celebrouse o dia 24,incumplindose o disposto no Art.177 do RD 2668/1986 de 28 de Novembro que establece que para que un expediente poida incluirse na orde do dia dunha sesión deberán estar en poder de Secretaría tres dias antes. Agora ben con independencia das implicacións legais que se derivan disto, resulta obvia a dificuldade material, por mera cuestión de tempo, para emitir informes cun mínimo rigor no caso de ser emitidos.
Asemade resulta chocante que dos proxectos aprobados da Xunta de Goberno do 24 de Marzo de 2006, 566 sexan da autoría do mesmo Arquitecto o que necesariamente nos obriga a non poder mirar para outro lado. Non dúbidamos da capacidade de traballo do Sr. Eimil Trasancos pero non deixa de sorprendernos que os proxectos por el apresentados se correspondan con seis promotoras diferentes, de diferentes pontos da xeografia galega .
Ás 717 licencias para vivenda aprobadas sen informe xúridico na Xunta de Goberno de 24 de Marzo temos que sumarlle as 1343 concedidas sen informe xúridico na Xunta de Goberno de 29 de Marzo o que evidencia que en Foz a norma é prescindir do procedimento legal en materia de urbanismo. Chove logo sobre mollado, non estamos diante de feitos aillados, polo que non podemos dar por boa unha política urbanística que no prazo de cinco dias concede licencias para 2060 vivendas de xeito ilegal.
O Alcalde de Foz e a sua Xunta de Goberno teñen que explicarlle a todos os veciños cales son as razóns que o levan a actuar deste xeito. Acaso é só a irresponsablidade o que os leva a outorgar licencias prescindidindo do procedimento legal?. Por que Rivera é a sua Xunta de Goberno advertidos por Secretaria da ilegalidade na que incorrian procederon a conceder licencias?.Coñecía o grupo de Goberno os proxectos urbanísticos apresentados entre o dia 22 e 23 para votá-los favorablemente a pesar da ausencia do informe xurídico?.Como é posíbel resolver a cantidade de proxectos que se trataban na Xunta de Goberno do dia 24 en menos dunha hora e média?.Máis aló de razóns administrativas que hai detrás do feito que nesa mesma Xunta de Goberno haxa licencias con informe xúridico e outras non que conten con el?.A avalancha de licéncias solicitadas entre o 20 e o 24 de Marzo é unha simplecasualidade ou foi promovida por alguen?.
O urbanismo de Rivera vai camiño de convertirse nun auténtico culebron que cada dia nos depara sorpresas desagradábeis até o ponto de representar un perigo para todos os focegos. Non está xa en xogo a calidade de vidados veciños de Foz victima dun medre desordenado, ou a imposiblidade de acceder a unha vivenda como consecuencia do seu prezo,ou un modelo urbanístico calcado do Mediterráneo que os indicadores turíticos demostran fracasado. Non o que está en xogo é a propria calidade democrática do Concello, subvertida por unhas prácticas que nuns casos non teñen haber coa propria legalidade e as maís das veces na barra libre en función do cliente.
O Bloque Nacionalista Galego polas mesmas motivacións de saúde democrática que vimos de expór considera urxente clarexar e porlle freo até onde sexa posíbel a esta situación. A tal fin solicitamos a constitución dunha Comisión de Investigación que estude as licencias que se concederon no 2006 en Foz de xeito irregular. Asemade demandamos da Dirección Xeral de Urbanismo que someta a revisión,ao igual que esta a facer coas licencias concedidas sen informe xurídico na Xunta de Goberno do 29 de Marzo,as licencias concedidas sen informe xúridico na Xunta de Goberno do 24 de Marzo a fin de facer efectiva o papel de control da legalidade que lle corresponde a licencia urbanística.