DESENCUENTRO EN FOZ
El alcalde de Foz, José Mª García Rivera, y el portavoz del BNG, Xoán Carlos González Basanta, no han protagonizado finalmente el careo que tenían programado para esta mañana. Cada uno se mantuvo en su palabra y acudió al lugar en que había citado al otro pero, al no ser el mimso lugar, no hubo encuentro.
El portavoz nacionalista, en el lugar por él estipulado, -la calle transversal entre las calles Álvaro Cunqueiro y Pilar- hizo público un comunicado en el que afirma que en ese punto se da “una infracción urbanística muy grave”, comunicado que adjuntamos a continuación.
O carácter simbólico da denuncia que hoxe imos facer quere evidenciar que o alcalde falta a verdade a todos os veciños cando presume dunha xestión urbanística impecable. Para nós esto que imos denunciar non é máis que unha migalla no medio do caos urbanístico que provocou a xestión do alcalde e do seu absoluto desprezo diante da defensa dos bens públicos. O que está en cuestión pois, non é só as posíbeis ilegalidades cometidas e consentidas, senón o modelo urbanístico practicado polo sr. Alcalde e o seu grupo de goberno, un urbanismo que non defendeu os intereses públicos e que non foi igual para todos.
O que vimos de afirmar non é unha opinión do BNG, nen algo que só vemos as xentes do BNG. Neste sentido hai que ter en conta as declaracións que fixo onte públicas o Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia onde afirma que o modelo de Foz é “preocupante e moi distinto ao que defende a Xunta de Galicia, porque non garante o desenvolvimento sostíbel e non é un bo exemplo para o resto das cidades e vilas” para rematar “os resultados da edificación está a vista de todos”. Asemella á vista destas declaracións que o único que non ve ou quer ver a situación é o Sr.Alcalde e do que non hai dúbidas que nin desde o seu propio partido apoian o urbanismo de Rivera..
Asemade o Director Xeral de Urbanismo ven dar a razón ao BNG cando fai público que Urbanismo procederá a revisar as licencias das máis de 3.685 vivendas concedidas este ano, algo que nos xa lle plantexamos ao Alcalde mediante moción no Pleno, e que este se negou a realizar. A decisión da autoridade urbanística é de tal envergadura, posto que coloca a Foz no ponto de mira, que necesariamente obriganos a falar nun antes e nun despois após esta decisión.
Volvendo ao que nos trae hoxe aquí, hai algo que está probado: que desde o 27 de outubro de 2003, o alcalde de Foz sabía que onde estamos hai unha infracción urbanística moi grave e falamos de infracción urbanística moi grave no sentido que establece o Artigo 217, 2.a) da Lei 9/2002 que non é nin máis nin menos que a edificación sobre unha vía pública. Infracción que vai máis aló da materia administrativa e que adquire caracter de materia penal, tipificado no 319.1 do Código penal, que proibe taxativamentente edificar sobre via pública.
O BNG de Foz nunca mediu esta rúa nin nunca dixo que lle faltaran centímetros. Quen o di e o certifica por escrito é o propio alcalde de Foz neste papel que vos entregamos asinado por el mesmo e con rexistro de saída do Concello.
De todo esto o que nos parece máis grave e que o alcalde lonxe de facer o que establece a lei nestes casos, nomeadamente nos artigos 212 e 213 da Lei do Solo de Galiza, o alcalde mire para outro lado.
Diante desto, hai dúas reflexións que o BNG quere introducir:
A primeira, que no plano das responsabilidades políticas, pon en evidencia que a lexislación e o planeamento urbanístico, como seguiremos demostrando nos próximos días e meses, é papel mollado para este goberno, que o interese público está subordinado aos intereses particulares e que o urbanismo que se fai é un urbanismo en función do cliente.
A segunda, que no plano das responsabilidades de tipo xurídico nós non somos xuíces pero hai cuestións onde a legalidade só ten un camiño e lonxe de actuacións de calquera tipo de xurisdicción, o alcalde de Foz como alcalde e delegado de urbanismo é o primeiro que debería cumprir e facer cumprir a lei, no sentido ao que xa nos referimos anteriormente e que establece a Lei 9/2002.
Xa por último o BNG quere plantexar tres cuestións:
1ª. Que o alcalde de Foz actúe no que ten que haber con este vial tal e como establece a lexislación. Agora non poderá dicir que as infraccións urbanísticas que acreditou el mesmo hai máis de 3 anos non existen. Ligado a esto e atendendo ao que establece o artigo 213 da Lei 9/2002 poñeremos esto en coñecemento da conselleira competente en materia de urbanismo.
2ª. Que o Alcalde de Foz explique a todos os veciños a decisión da Dirección Xeral de Urbanismo, que convoque un Pleno Extraordinario Urxente para analizar a situación urbanística do Concello e que proceda a constituir unha Comisión de Investigación parella a investigación que vai levar adiante a Xunta.
3ª. Que para o BNG os veciños de Foz non nos merecemos un goberno que fai un urbanismo que non beneficia á maioría e un alcalde que lle falta á verdade ao seus conveciños.