COORDINADORApolaDEFENSAdoLITORAL
Luns, 18 de Decembro de 2006
Publicado por a333 a las 17:55 | 0 Comentarios | Enviar
través dos medios de comunicación vimos de enterarnos da intención do Ministerio de Meio Ambiente de non renovar algunhas das concesións de acuicultura sobre solo protexidos do litoral. Se, -como teñen manifestado dende o Ministerio de Meio Ambiente (e tamén dende a Consellería de Meio Ambiente)-, se trata de actuar en defensa do litoral con criterios de igualdade de trato ante a lei, abandonando a discrecionalidade e arbitrariedade con que viñeron actuando os governos anteriores-, dende ADEGA non podemos menos que apoiar unha medida que consideramos de estrita xustiza.
Ao respecto, hai que recordar que o artigo 25 da lei de Costas (en vigor dende o 29 de Xullo do 1.988) dispón (e dispón para toda a cidadanía) que “con carácter ordinario, só se permitirán nesta zona as obras, instalacións e actividades que, pola súa natureza, non podan ter outra ubicación ou presten servizos necesarios ou convenientes para o uso do dominio público marítimo-terrestre, así como as instalacións deportivas descubertas”, proibindo, ademáis, expresamente, entre outros usos, “as edificacións destinadas a vivenda ou habitación”.
Resulta evidente que as instalacións de acuicultura mariña necesitan da captación de auga do mar e tamén de efectuar verquidos ao mar (que terán que ser, en todo caso, previa a necesaria depuración para non afectar as especies e ecosistemas mariños), e, polo tanto, necesitarán da ocupación do dominio público marítimo-terrestre e correspondente zona de servidume de protección para levar a tais captación e o verquido; pero ningún argumento pode haber para afirmar que as naves e piscinas destas instalacións de acuicultura non poidan ubicarse fóra do solo de protección de costas e fóra tamén dos espazos protexidos: consentir na ocupación do dominio público marítimo-terrestre, da súa zona de protección ou de solo de espazos protexidos por estas naves e piscinas de acuicultura, mentras se impide que o propietario poida ocupar ese mesmo solo para a construción da súa casa, o seu chalet ou o seu negocio, constitúe un exemplo claro de inaceptable desigualdade de trato ante a Lei e un exeplo evidente de especulación ao convertiren “solo reservado” (para o negocio e o tráfico de influencias) o que a Lei manda que sexa “solo protexido”. Non iñoramos que esta ubicación fóra da zona de protección do dominio publico marítimo-terrestre e fóra dos espazos protexidos vai implicar para o promotor maiores costes na adquisición do solo e maiores costes en bombeo da auga; pero sería, en xustiza, inaceptábel que este fose argumento válido para a ocupación de solo protexido por parte dun negocio privado: se se trata de reducir costes, tén o promotor que buscarse outras alternativas que non sexan a ocupación e destrución dun patrimonio que nos pertenece a todos.
Alegrámonos, pois, de coincidir con estas intencións do Ministerio que nós vimos defendendo xa con motivo das alegacións ao Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria do Señor López Veiga (ex-conselleiro de Pesca) e da nosa oposición a que estas instalacións poideran ocupar espazos protexidos. Agardamos, en todo caso, que as mesmas sexan xa de aplicación ás plantas de acuicultura en tramitación, empezando pola piscifactoría de Rinlo (que recordamos está paralizada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por ubicarse sobre un espazo da Rede Natura con hábitats prioritarios) e pola de Pena Corveira en Ribadeo sobre a que reiteradamente temos solicitado que sexa trasladada fora da zona de protección. E, por descontado, tería que aplicarse a aquelas outras que, como a de Mougás, en Oia, se teñen tramitado con total desprecio pola legalidade vixente.(COPE DE LA COSTA)
Comentarios

Acerca de...

Ver perfil público del propietario del blog

*POR E PARA A DEFENSA DA MARIÑA LUGUESA. *POR Y PARA LA DEFENSA DEL LITORAL LUCENSE. * correo: coorddefensalitoral@yahoo.es



Participantes

a333
agremon
jmrd_ribadeo

Buscador




Articulos Anteriores

¿Cree que hay que reubicar fuera del litoral las conserveras y piscifactorías?
¿PROTECCIÓN EL LITORAL? X Javier F. San
Economía política de Paco «el Pocero»
Cruzado por el Ruido x Iván Pino Zas
La costa lucense en El Correo Gallego:
Acuicultura sí, no campos de concentración de animales
EN DERREDOR x GERARDO GONZÁLEZ MARTÍN:El sueño de la operación Malaya
HAY MUCHO QUE HABLAR DEL RODABALLO DE GRANJA
Apocalíptica voracidad inmobiliaria x Zuriñe Vázquez
¿Cómo se puede impedir que se cometan irregularidades urbanísticas?

Archivo

Xullo, 2007
Xuño, 2007
Xaneiro, 2007
Decembro, 2006
Novembro, 2006
Outubro, 2006
Setembro, 2006
Agosto, 2006
Xullo, 2006
Xuño, 2006
Maio, 2006

Enlaces

ADEGA
RIBADEO , RIBADEANDO
S.O.S. SALAVE
PISCIFACTORIA EN ZONA RED NATURA
DISCRIMINADOS
LEGISLACION APLICACION PISCIFACTORIA
PROGRAMA DO BNG-AMBIENTE (comparativas outros partidos)
INSTRUMENTO Aceptación España del anexo V y apéndice 3 del Convenio para la protección del medio marino del Atlántico Nordeste (
Denuncia de Greenpeace:la costa gallega modelo territorial insostenible
Marbellización de Galicia
CORRUPCION POLITICA
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Del Morrazo.com
Acento Gallego
INFORME XUNTA SOBRE PLAN XERAL DE RIBADEO

Sindicación

RSS 0.91
RSS 1.0
RSS 2.0
ATOM 0.3


Servicio cortesia de miarroba.com

Valid XHTML 1.0!

Valid CSS!

CSS - Tableless