Mesa redonda: a problemática ambiental do urbanismo na costa
1 de decembro de 2006. Galiza ten un litoral cunha beleza e características ambientais apreciadas en todo o mundo, pero dende fai tempo a presión á que se ve sometido, con urbanizacións desmedidas, instalacións irrespectuosas e construcións descontextualizadas estanos abocando a unha situación irreversíbel ante a que cómpre decidir cara onde nos diriximos e por que modelo queremos apostar. Participa nesta mesa redonda que terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro ás 19:00 horas na Casa do Mar de Ribadeo.
--------------------------------------------------------------------------------
Para analizar esta situación e ver de achegar propostas, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) a Plataforma pola Defensa da Ría e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza invítanche a unha mesa redonda que terá lugar o vindeiro sábado 2 de decembro ás 19:00 horas na Casa do Mar de Ribadeo.
Relación de intervintes:
LOIS DÍAZ CABANELA, vocal de saúde ambiental e temática urbanística da
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
JESÚS CONDE GARCÍA, arquitecto e membro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza.
EVARISTO LOMBARDERO RICO, membro da Plataforma en Defensa da Ría.
ANTÓN GREGORIO MONTES, membro da Asociación de Veciños “O Tesón”
de Ribadeo.