COORDINADORApolaDEFENSAdoLITORAL
Venres, 23 de Xuño de 2006
Publicado por jmrd_ribadeo a las 14:27 | 0 Comentarios | Enviar
O CONSELLO DA XUNTA ACORDA INICIAR OS TRÁMITES PARA A REVISIÓN DO PLAN DE TECNOLOXÍA ALIMENTARIA

NOTA DE PRENSA

O Consello da Xunta vén de acordar na súa reunión de onte o inicio dos trámites para a revisión do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria co fin de definir claramente os espazos non protexidos no que cabe ubicar estas instalacións.
Os argumentos para esta revisión coinciden cáseque plenamente cos que ven defendendo ADEGA dende o mesmo momento de presentar alegacións a dito Plan Sectorial e dende o mesmo momento en que, no último dos Consellos da Xunta presidido por D. Manuel Fraga (28/07/2005) quedaran aprobados os dous primeiros proxectos deste Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria: o de D. Ramón Alvárez-Cascos en Rinlo (Ribadeo) e o de Pescanova en Cabo Touriñán: “a rede ecolóxica europea Natura 2000 está composta por zonas especiais de conservación, designadas polos Estados membros, en que estes deben de adoptar todas as medidas necesarias para garantir a protección dos hábitats e evitar a súa deteriorización. Nestas zonas con características especiais de conservación, os governos deben de pór en marcha as actuacións axeitadas para evitar a deteriorizacións dos hábitats naturais e de especies , así como as accións que repercutan nas zonas. Por iso para aprobar un plan ou proxecto que poida afectar de forma apreciable a estes lugares, este debería someterse previamente a unha axeitada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos para a súa conservación” (Consello da Xunta do 22/06/2006). (Compre recordar, a este respecto, que este Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria fora aprobado polo anterior governo en funcións (en consello da Xunta do 30 de Xuño do 2005) sen telo siquera sometido ao obrigado trámite de avaliación ambiental e sen tampouco ser informado previamente pola Consellería de Urbanismo e que dos 23 parque inicialmente incluídos na proposta do Plan Sectorial, once deles afectaban a espazos da Rede Natura, dous afectaban ao entorno dos parques nacionais das Illas Atlánticas e de Corrubedo, -Couso e Punta dos Corvos).
Estes foron precisamente os argumentos ambientais cos que tratamos por todos os meios de conquerir a paralización das obras da piscifactoría de Rinlo dende o mesmo momento en que se iniciaron, por canto se ubica plenamente dentro dun espazo da Rede Natura (LIC AS CATEDRAIS) con hábitats prioritarios sen que caiba argumentar a favor de tal ubicación ningún das razóns que se exixen no artigo 6 da Directiva Hábitats: razóns de seguridade e/ou de sáude pública ou razóns imperiosas de primeira orde relacionadas co Meio Ambiente.
Alegrámonos, pois, deste anuncio de revisión agardando que a mesma obrigue tamén a outra ubicación fora da Rede Natura para a piscifactoría do Sr. Alvárez-Cascos en Rinlo (Ribadeo), neste momento paralizada cautelarmente por auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.
E agardamos asimesmo que nesta revisión se contemplen non só os actuais espazos protexidos pola Rede Natura, senón tamén aqueles outros que, pola presencia neles de hábitats ou especies prioritarios, deben de ser incluídos na ampliación da Rede Natura que a Consellería de Meio Ambiente tén anunciado. Os parques, por exempro, de Couso e Punta dos Corvos do Concello de Riveira teñen que quedar excluídos por estar na zona de afectación e de futura ampliación dos parques natural de Corrubedo e do parque das Illas Atlánticas: O mesmo debe de facerse co parque de Regodola en Xove (Lugo), por canto se ubica nunha zona sen aínda afeccións urbanísticas que deberá de considerarse espazo protexido.

ADEGA
Comentarios

Acerca de...

Ver perfil público del propietario del blog

*POR E PARA A DEFENSA DA MARIÑA LUGUESA. *POR Y PARA LA DEFENSA DEL LITORAL LUCENSE. * correo: coorddefensalitoral@yahoo.es



Participantes

a333
agremon
jmrd_ribadeo

Buscador




Articulos Anteriores

As obras da piscifatoría de Rinlo, paralizadas de novo polo TSXG
El TSXG-Concello de Ribadeo y piscifactoría de Rinlo
EL FUTURO DE A MARIÑA LUCENSE
ALBRICIAS POLO TRABALLO DE ADEGA
Hoy en La Voz de Galicia
En el Dia Mundial de Medio Ambiente, en Santiago de Compostela
DE NUEVO UN JUZGADO DICTA LA SUSPENSION DE LAS OBRAS DE LA PISCIFACTORIA
ACCESO A LA INFORMACIÓN AMBIENTAL
LA PISCIFACTORÍA DE PIÑEIRA EN EL PLENO DE RIBADEO
RÍA DE RIBADEO (Siete razones para un nombre)

Archivo

Xullo, 2007
Xuño, 2007
Xaneiro, 2007
Decembro, 2006
Novembro, 2006
Outubro, 2006
Setembro, 2006
Agosto, 2006
Xullo, 2006
Xuño, 2006
Maio, 2006

Enlaces

ADEGA
RIBADEO , RIBADEANDO
S.O.S. SALAVE
PISCIFACTORIA EN ZONA RED NATURA
DISCRIMINADOS
LEGISLACION APLICACION PISCIFACTORIA
PROGRAMA DO BNG-AMBIENTE (comparativas outros partidos)
INSTRUMENTO Aceptación España del anexo V y apéndice 3 del Convenio para la protección del medio marino del Atlántico Nordeste (
Denuncia de Greenpeace:la costa gallega modelo territorial insostenible
Marbellización de Galicia
CORRUPCION POLITICA
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Del Morrazo.com
Acento Gallego
INFORME XUNTA SOBRE PLAN XERAL DE RIBADEO

Sindicación

RSS 0.91
RSS 1.0
RSS 2.0
ATOM 0.3


Servicio cortesia de miarroba.com

Valid XHTML 1.0!

Valid CSS!

CSS - Tableless