COORDINADORApolaDEFENSAdoLITORAL
Xoves, 15 de Xuño de 2006
Publicado por a333 a las 19:10 | 0 Comentarios | Enviar
O pasado luns 12 de xuño o TSXG comunicábanos a estimación dos recursos presentados por ADEGA contra o levantamento da medida cautelar de paralización das obras da piscifatoría de Rinlo. Ante esta decisión do Tribunal Superior, a ADEGA pídelle as consellarías de Medio Ambiente e de Pesca que obriguen ao promotor a negociar un cambio de situación, se non queren ser cómplices da política de feitos consumados, baseada nunha licenza ilegal, practicada pola empresa.

AS NOSAS CONSIDERACIÓNS ANTE ESTA NOVA PARALIZACIÓN DAS OBRAS:

1.- Trátase dunha ubicación Ilegal: esta ubicación no LIC de As Catedrais resulta, en dereito, totalmente ilegal e inaceitábel por canto afecta a un espazo protexido sen xustificar que non haxa outra ubicación fora da Rede Natura e sen demostrar as razóns de sáude e seguridade pública ou as razóns imperiosas de primeira orde relacionadas co meio ambiente para ubicarse nun espazo protexido con hábitats prioritarios. A maiores hai que engadir que non foron estudados os impactos dos vertidos sobre o banco de percebes da zona, nen a incidencia sobre as pesquerías de polbo das que, para unha producción de 30 Tn/ano, teríanse que detraer do mar non menos de 40.000 unidades de polbo que non van a poder reproducirse

2.- É unha ubicación inxusta: non pode aceitarse que, mentras que o propietario do solo non pudo dispoñer del para a súa casa ou para o seu negocio (un restaurante pode ofrecer máis postos de traballo que esta piscifatoría con moita menos ocupación do solo e moito menor impacto), poda unha instalación deste tipo ocupar 42.000 m2, dispoñendo ademáis (en virtude do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria) dunha reserva de solo de ata 285.000 m2 integramente dentro da Rede Natura.

3.- É ademais unha indignade: unha instalación que tén sido rexeitada en dous concellos de Asturias (Luarca e Castropol) por afectar a espazos protexidos do litoral non parece digno, -para nós e para os nosos espazos protexidos-, que en Galiza poda ubicarse sobre un espazo da Rede Natura con hábitats prioritarios e dun indudábel valor paisaxístico.Ademáis, no momento actual, cando a Consellería de Meio Ambiente e o governo da Xunta teñen rexeitado a ubicación da piscifactoría de Pescanova en Cabo Touriñán, non resultaría coerente que esta piscifactoría de D. Ramón Álvarez-Cascos, cunha situación administrativa totalmente idéntica (declaración de impacto ambiental favorable e proxecto sectorial aprobado no mesmo Consello da Xunta) poidera facer valer unha práctica de feitos consumados en base a unha licencia de obras absolutamente ilegal: as razóns para rexeitar a piscifactoría de cabo Touriñán son tamén de aplicación ao caso desta piscifactoria de Rinlo. Temos que volver a denunciar tamén o INACEITÁBEL TRATO DE FAVOR
que tén recibido esta instalación:

-No que respeita á declaración de impacto ambiental: á medida e por encargo ata o punto de que, para a ubicación do proxecto, non se agarda siquera polo resultado da avaliación ambiental en cuxo Estudo de Impacto Ambiental se recollían dúas ubicacións posíbeis, as dúas integramente dentro da Rede Natura; e iñorando por completo a Directiva 92/43/CEE

-No que respeita á modificación da Lei do Solo: cando en agosto do 2004 se presenta a exposición pública o proxecto sectorial, a Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do meio rural de Galicia, non permitía estas instalacións en solo rústico de protección de espazos naturais.

-No que respeita á adquisición das parcelas: os trámites inícianse ante o Concello en Maio do 2004 ubicando o proxecto sobre unha parcela de 30.000 m2 procedente do fondo de terras da concentración parcelaria da parroquia de A Devesa (Ribadeo) que a Xunta lle vende a ACUINOR S.L ao precio de 1 euro/m2 por adxudicación directa e sen contar para nada cos veciños de A DEVESA: non parece xusto que unhas terras que proceden de detraer un 4% ou un 6% das terras de cada veciño, podan ser entregadas a precio de 1 euro/m2 a un proxecto que nada tén que ver cos usos agrarios do solo;

-No que respeita á licenza municipal: con absoluta urxencia, ao día seguinte mesmo de ser aprobado no Consello da Xunta o correspondente proxecto sectorial, sen contar coas autorizacións autonómicas previas e sen agardar, siquera, pola súa publicación no Diario Oficial de Galicia, iniciando unha vía de feitos consumados coa que presionar logo ante a Administración autonómica (e ante a Administración de Xustiza) para a obtención das demáis autorizacións.A NOSA REIVINDICACIÓN:

Dentro da revisión que está a facerse do Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria co criterio de non afectar ao escasos espazos protexidos do litoral, tén que ser incluída tamén esta piscifactoría do Sr. Alvarez-Cascos impoñendo ao concello de Ribadeo e máis ao promotor un cambio negociado de ubicación. Cando Pescanova está xa adquirindo terrenos en Ribadeo para trasladar a piscifactoría de Cabo Touriñán, non pode alegar ACUINOR que non sexa posible outra ubicación fora da Rede Natura.

Pedimos, pois, das Consellerías de Meio Ambiente e de Pesca que, ante esta nova paralización, se lle obrigue ao promotor a negociar un cambio de ubicación que nos libere a todos deste lío xudicial: non se pode aceptar esta política de feitos consumados de, en base a unha licencia ilegal, ter que consentir no LIC de As Catedrais unha instalación que se rexeita para os demáis Parques de Tecnoloxía Alimentaria en espazos protexidos.

http://www.adega.info/
Comentarios

Acerca de...

Ver perfil público del propietario del blog

*POR E PARA A DEFENSA DA MARIÑA LUGUESA. *POR Y PARA LA DEFENSA DEL LITORAL LUCENSE. * correo: coorddefensalitoral@yahoo.es



Participantes

a333
agremon
jmrd_ribadeo

Buscador




Articulos Anteriores

El TSXG-Concello de Ribadeo y piscifactoría de Rinlo
EL FUTURO DE A MARIÑA LUCENSE
ALBRICIAS POLO TRABALLO DE ADEGA
Hoy en La Voz de Galicia
En el Dia Mundial de Medio Ambiente, en Santiago de Compostela
DE NUEVO UN JUZGADO DICTA LA SUSPENSION DE LAS OBRAS DE LA PISCIFACTORIA
ACCESO A LA INFORMACIÓN AMBIENTAL
LA PISCIFACTORÍA DE PIÑEIRA EN EL PLENO DE RIBADEO
RÍA DE RIBADEO (Siete razones para un nombre)
MANIFESTO POR UNHA GALIZA SUSTENTABEL

Archivo

Xullo, 2007
Xuño, 2007
Xaneiro, 2007
Decembro, 2006
Novembro, 2006
Outubro, 2006
Setembro, 2006
Agosto, 2006
Xullo, 2006
Xuño, 2006
Maio, 2006

Enlaces

ADEGA
RIBADEO , RIBADEANDO
S.O.S. SALAVE
PISCIFACTORIA EN ZONA RED NATURA
DISCRIMINADOS
LEGISLACION APLICACION PISCIFACTORIA
PROGRAMA DO BNG-AMBIENTE (comparativas outros partidos)
INSTRUMENTO Aceptación España del anexo V y apéndice 3 del Convenio para la protección del medio marino del Atlántico Nordeste (
Denuncia de Greenpeace:la costa gallega modelo territorial insostenible
Marbellización de Galicia
CORRUPCION POLITICA
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Del Morrazo.com
Acento Gallego
INFORME XUNTA SOBRE PLAN XERAL DE RIBADEO

Sindicación

RSS 0.91
RSS 1.0
RSS 2.0
ATOM 0.3


Servicio cortesia de miarroba.com

Valid XHTML 1.0!

Valid CSS!

CSS - Tableless