COORDINADORApolaDEFENSAdoLITORAL
Sábado, 27 de Maio de 2006
Publicado por agremon a las 19:03 | 0 Comentarios | Enviar
Coordinadora de defensa do litoral
O pasado día 8/4/2006 reuníronse na casa do Mar focega, convocados por Adega, representantes de diversas asociacións da Mariña así como persoas individualis para tratar de coordinar a acción de defensa do litoral mariñano, que se ve ameazado.
Na mesma, botou a andar a 'Coordinadora de defensa do litoral', grupo de traballo e acción que pretende aglutinar agrupacións e individuos na preservación do noso patrimonio común. Este comunicado da fe do seu nacemento e pretende ser acta inicial da súa actividade de cara ós medios de comunicación, sociedade mariñana e entidades da administración.
A Coordinadora é Cooperativa e igualitaria, tendo a asociación convocante en primeiro lugar un posto semellante ó das outras representadas, e non conta entre os seus fundadores con partidos políticos.
A misión coa que nace será perfilada pouco a pouco mediante as actividades programadas, podéndose resumir en:
Apoiar a legalidade vixente en relación co mantemento da natureza na Mariña.
Impulsar o desenvolvemento de normativas de protección e posta en valor do entrono litoral.
Orientar e mentalizar á cidadanía para poder levar a cabo o mantemento do medio do mellor xeito posible, sen perder de vista o seu desenvolvemento sostible.
Como primeiros pasos do grupo albiscamos esta declaración consensuada e o apoio para que a manifestación galega correspondente ó día mundial do medio ambiente, 5 de xuño, se celebre en Ribadeo. Esta manifestación será unha primeira chamada de atención do que está ocorrendo e pode seguir a ocorrer na Mariña: a destución da costa tal e como a coñecemos para ocupar o seu lugar un muro abigarrado de cemento.
Non será doado, pero hai que dar os primeiros pasos para poder continuar. Haberá que chegar a acordos con industrias e forzas sociais, haberá que deseñar unha auténtica estructura, perfilar os obxectivos, mover á cidadanía, ... queda moito por facer, como sempre que se da un primeiro paso. Lembrando a Machado, 'fáise camiño ó andar', e o grupo xa comezou.
Comentarios

Acerca de...

Ver perfil público del propietario del blog

*POR E PARA A DEFENSA DA MARIÑA LUGUESA. *POR Y PARA LA DEFENSA DEL LITORAL LUCENSE. * correo: coorddefensalitoral@yahoo.es



Participantes

a333
agremon
jmrd_ribadeo

Buscador




Articulos Anteriores

A PLATAFOMA POLA DEFENSA DA RÍA DE RIBADEO
El futuro de nuestra Ría. José María Rodríguez
A DESFEITA QUE SE ALBISCA (1)
A DESFEITA QUE SE ALBISCA (2)
DE CUANDO SE CREÓ LA COORDINADORA

Archivo

Xullo, 2007
Xuño, 2007
Xaneiro, 2007
Decembro, 2006
Novembro, 2006
Outubro, 2006
Setembro, 2006
Agosto, 2006
Xullo, 2006
Xuño, 2006
Maio, 2006

Enlaces

ADEGA
RIBADEO , RIBADEANDO
S.O.S. SALAVE
PISCIFACTORIA EN ZONA RED NATURA
DISCRIMINADOS
LEGISLACION APLICACION PISCIFACTORIA
PROGRAMA DO BNG-AMBIENTE (comparativas outros partidos)
INSTRUMENTO Aceptación España del anexo V y apéndice 3 del Convenio para la protección del medio marino del Atlántico Nordeste (
Denuncia de Greenpeace:la costa gallega modelo territorial insostenible
Marbellización de Galicia
CORRUPCION POLITICA
Sociedade Galega de Educación Ambiental
Del Morrazo.com
Acento Gallego
INFORME XUNTA SOBRE PLAN XERAL DE RIBADEO

Sindicación

RSS 0.91
RSS 1.0
RSS 2.0
ATOM 0.3


Servicio cortesia de miarroba.com

Valid XHTML 1.0!

Valid CSS!

CSS - Tableless