En el diario El Progreso do día 18 de xaneiro infórmasenos tamén do acordo do Concello para expropiar unha farnxa de terreo que vai dende as Illas ós Castros. Será dende os Castros ós Marbadás. (O toponimo As Illas é de novo cuño). Tamén falan de comunicar as praias, como se as praias non estiveran xa acomunicadas por unha pista asfaltada. ¿Quen paga esos paseos de luxo totalmente innecesarios? Logo virán aparcadoiros ben pegadiños a beira do mar, derriba de Soborollo, ou nas Covas, e algunha que outra desfeita na praia dos Marbadás, en Xuncos, en Porto, en Rio Cabalar ou en Cegoñas onde apareaceron novos areais fai xa uns anos ¿Quen serán os ideólogos de todos estes asuntos? Calquera pode entender que a doatación de servizos, incluidos aparacadorios, é necesaria e debe facersse, pero o caso é onde e como, e ai radica o verdadeiro perigo, e ai é onde os resposnables deberan actuar tendo en conta a zona de especial sensibilidade e especial valor na que nos movemos desterrando do noso vocabulario o que xa se deu en chamar "marbellización da costa galega" ¿Por que non preocuparse seriamente do saneamento e solucioanr a chapuza dos depósitos que cando rebosan, un sente vergoña allea?
¿Por qué non se negociou un aparcadoiro en batería na pista que une a estrada nacional coa pista que percorre a costa e que nace cerca da cooperativa Os Irmandiños e enlaza co acceso á autovía?
¿Por que non se entende que manter a costa libre de cemento, de coches e urbanizacións é o que os nosos visitantes queren, e non maìs asfalto, nin mais ladrillos, nin máis cemento, e que ese é precisamente o principio que respetaria o principio de desenvolvemento sostible? ¿Por que non se analizan outras alternativas tendo en conta ademais que se debe incluir o mentemento?¡Qué esta é outra! Resulta desalentador que estres modelos sexan mesmo apoiados por alguns nacionalistas a pesar de que recoñecen que así se destrúen as nosas sinais de identidade.
Outra das cuestiósn que chama a tención é o localismo. O localismo é un factor que impide estratexias de desenvolvemento económico racional porque os políticos con perspsectivas electoralistas, o que fai que se utilicen mal os recursos económicos dificultando as actuacións conxuntas en espazos comúns dificilmente divisibles, chámense comeracasx ou chámense rias. A nosa ría constitúe un bo exemplo, e os membros da Plataforma pola súa defena xa denunciamos hai mais de 16 anos que este esapzo cosntituia en si mesmo un paraíso común para os galegos e asturianos e por iso precisamente un espacio con todos os atractivos para a especulación urbnaística. O recheo de 22.000 m2 na ría foi un dos grandes erros e non serviu mais que para facer un aparcadoiro e un minipoligono industrial. ¡Que veña Deus e que o vexa, comerlle espazo á ría para facaer un aparacadoiro! Este atentado ecolóxico contra a nosa ría non rematou cos recheos, porque acábase de facer outro en Figueirúa e anúncianse novas actuacións na zona de Asturias.
Pouco antes de rematar este escrito cae nas miñas mans un exemplar da revista La Clave, o número 250, na que o titulo de portada di: "La costa cantábrica pierde su virginidad" Quieren construir 700.000 viviendas en dos años. Tamén estalla o escándalo de Marbella.